Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aguiño inicia os talleres de autocoidado para maiores

Ribeira. Unha quincena de persoas maiores de Ribeira recibirán formación sobre o autocoidado na Aula do Maior da parroquia de Aguiño. Impartiranse catro obradoiros, de dúas horas cada un, orientados a amosar hábitos saudables que reduzan o risco de padecer algunhas enfermidades consecuencia da idade e que melloran o estado de ánimo e a autonomía.

Os temas a tratar son, por unha parte, a actividade física e a alimentación, como afectan ó estado de ánimo, á memoria e á calidade do sono; e por outra, hábitos saudables para a prevención de síntomas do envellecemento e prevención de enfermidades.

TEORÍA E PRÁCTICA. Os talleres constarán dunha parte teórica e outra práctica na que se demostrará a experiencia adquirida, así como un debate sobre o tema impartido para rematar.

A ponente encargada da formación destas quince persoas maiores é Ana Belén Crujeiras Martínez, bióloga pola Univerisdade de Santiago de Compostela e Doutora en Fisioloxía e Alimentación pola Universidade de Navarra. Na apertura deste programa participaron o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro. s. s.

07 oct 2022 / 17:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.