Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alice Wonder abre este xoves o festival Paisaxes Sonoras na aldea pobrense da Ponte

A Pobra. O festival Paisaxes Sonoras, organizado pola Mancomunidade Barbanza-Arousa e que combina música, paisaxe e patrimonio en localizacións de gran valor natural e cultural, comezará este xoves día 25 coa actuación de Alice Wonder, ás 21.30 horas, na aldea da Ponte, nas inmediacións da praia do Areal e do Xobre, na Pobra. Dita artista comezou a súa carreira musical gravando vídeos caseiros e compartindo o contido nas redes sociais.

Na xornada do venres 26, Alba Reche (que se deu a coñecer no concurso de TVE Operación Triunfo, na súa edición do ano 2018, quedando na segunda posición) actuará en Ribeira, ás 20.30 horas, no miradoiro da Pedra da Rá, paisaxe dende a que se pode desfrutar dunha marabillosa panorámica da ría de Arousa.

O sábado 27 será a quenda de Boiro, concello no que se levará a cabo, na antiga canteira sita na praia da Retorta, o concerto dos artistas Davide Salvado e Cibrán Seixo, coa súa música tradicional ibérica, fado, boleiro e jazz pasados polo filtro sonoro de instrumentos de corda (como violíns, violas e guitarras).

Finalmente, o domingo 28 ás 13.00, Saxos del Averno actuará no Pazo Rianxiño, en Rianxo, unha xoia arquitectónica do século XVIII. s. s.

24 ago 2022 / 12:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.