Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alumnos dun curso de gravado ilustraron un poema de Eduardo Pondal

Ribeira. Máis de setecentas persoas visitaron xa no Museo do Gravado de Ribeira a exposición Barbantiarte, que permanecerá aberta ó público ata o catro de maio. Entre os últimos grupos que pasaron por esta mostra figuran varios socios do Club Náutico da Coruña, entre quenes se atopaba o exalcalde desa cidade, Francisco Vázquez.

Este grupo estivo acompañado polo mandatario ribeirense, Manuel Ruiz Rivas.

Por outra banda, dito museo acolleu esta fin de semana un curso de fotoaugaforte impartido polo catedrático de gravado da Universidade de Salamanca José Fuentes Esteve, acompañado por Antonio Navarro. A entrega de diplomas tivo lugar este domingo e estivo presidida polo alcalde, Manuel Ruiz.

No curso participaron alumnos de distintas cidades de España: Madrid, Salamanca, León, Lugo, A Coruña, Ourense e Pontevedra.

Esta acción formativa está patrocinada pola Deputación Provincial da Coruña en colaboración coa Fundación Museo do Gravado de Artes e o Concello de Ribeira.

Como en cursos anteriores, traballouse con textos das grandes figuras da literatura galega, nesta ocasión coa poesía de Eduardo Pondal (Queixumes dos pinos), en homenaxe á gran figura do Rexurdimento galego. “A nosa intención é realizar unha exposición en homenaxe á figura de Eduardo Pondal coa edición dun libro ilustrado coas creacións do curso”, sinalou ó respecto o director do museo, Pastor Rodríguez. s. souto

25 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.