Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ambar activa un programa de emprego para mulleres

Ribeira. A asociación de persoas con diversidade funcional Ambar pon en marcha un programa de emprego para mulleres en situación de especial vulnerabilidade: que padezan diversidade funcional ou trastorno mental, que estén en situación de inactividade ou desemprego de longa duración, que carezan de titulación ou teñan baixa cualificación, que sexan desempregadas menores de 30 anos ou maiores de 45 anos, ou que residan en concellos rurais de zonas pouco poboadas de baixa densidade.

Ás participantes realizaráselles un análise sociolaboral a partir dunha entrevista persoal e posteriores sesións individualizadas nas que se definirán as necesidades de cada persoa e se marcará unha estratexia personalizada para que cada muller poida acadar

os seus obxectivos.

Levaranse a cabo sesións grupais que contemplan formación en competencias transversais, formación para o emprego e prospección empresarial. As entrevistas ás aspirantes xa comezaron e as xornadas formativas desenvolveranse dende abril ata o día 31 de xullo deste ano.

As sesións realizaranse nas oficinas coas que conta a asociación Ambar nos viveiros de empresas de Ribeira e de Porto do Son. suso souto

22 mar 2022 / 15:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.