Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Amplían cun módulo prefabricado e sostible a Aula Musical de Aguiño

RIBEIRA. O Concello de Ribeira vén de efectuar os traballos de transporte e colocación dunha edificación sostible que servirá para ampliar a Aula de Música da parroquia de Aguiño. Esta estrutura prefabricada, que ten unha superficie de sesenta e catro metros cadrados, foi construída pola firma local Oxyl Arquitectura, de Corrubedo. Será destinada a realizar actividades complementarias das que se adoitan dar nesta instalación municipal, como poden ser obradoiros de memoria para as persoas maiores. O Concello ribeirense conta cunha subvención da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, para o financiamento da actuación, que era moi demandada polos veciños da localidade. O módulo está equipado cun aseo adaptado para persoas con mobilidade reducida. S. S.

10 dic 2021 / 14:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.