Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ángel Lado abordou en Outes a importancia da vacinación do papiloma

outes. Máis de medio cento de persoas asistiron na casa da cultura de Outes á conferencia sobre a vacinación do papiloma en varóns e a poliomielite e o síndrome postpolio, impartida polo doutor Ángel Lado Llerena, médico especialista de Atención Primaria de Outes, no marco das XVII Xornadas de Información Sociosanitaria, cuxa coordinación correu a cargo do doutor Xosé María Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes. O relator foi agasallado cunha figura de artesanía feita polos usuarios de Adisbismur Valadares. A vindeira conferencia será o día 26 de xaneiro tamén na casa da cultura. Versará sobre o tratamento que fan os medios de comunicación do tema sanitario e será impartida por María Obelleira Hermida, licenciada en Xornalismo pola USC, graduada en Educación Primaria e directora do xornal Nós Diario. s. s.

17 dic 2022 / 13:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.