Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Apoio á modernización de seis locais do Barbanza

Recibiron axudas autonómicas por un importe de 207.000 € // Estiveron orientadas a micropemes e pemes do sector hostaleiro

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou este xoves o hotel Atmos (Outes), un dos beneficiados pola orde de axudas para investimentos en equipamentos post Covid dos establecementos hostaleiros que lle permitiu mellorar os sistemas domóticos e renovar os seus controis de acceso.

Trenor explicou que o obxectivo destas axudas foi “seguir colaborando na modernización das instalacións e na consecución da maior seguridade sanitaria nos establecementos hosteleiros galegos”. Na comarca do Barbanza recibiron estas axudas un total de 6 establecementos por un importe de case 207.000 euros e movilizaron máis de 230.000 euros. No ámbito galego estes apoios ascenderon 3 millóns de euros.

Así, na zona do Barbanza resultaron beneficiarios o Chicolino, en Boiro (recibe 50.000 euros); o Restaurante A Morosa (8.046 euros), Morada da Moa (47.322 €), Hotel Meiga do Mar (2.302 euros), en Carnota; Hotel Atmos (50.000 €) e o Fera Restaurante (tamén 50.000 euros), en Outes. Con estas achegas, executarán reformas orientadas á creación de espazos que suxiran maior amplitude, instalarán sistemas domóticos, de check-in automáticos, de control de acceso e sistemas de climatización ou adquirirán novo equipamento de hixienizado e lavado.

O delegado da Xunta puxo en valor este tipo de axudas porque “son inxeccións moi importantes para superar o impacto da pandemia e para seguir incrementando os estándares de calidade dun sector fundamental para a economía galega”.

A liña de axudas da Xunta para a dotación de equipamentos poscovid, estivo orientada a micropemes e pemes do sector da hostalería, como hoteis, hostais, casas rurais ou outro tipo de aloxamentos e bares, restaurantes e cafeterías.

Os beneficiarios recibiron achegas de ata o 90 % do seu investimento cunha contía máxima de 50.000 euros e as actuacións deberán orientarse á adquisición de medidores calidade do aire, sistemas domóticos ou de check-in automático, redes de control de distancia, accesos e aforos, infraestruturas de ventilación e climatización do aire, cartelería, rotulación ou sinaléctica.

Esta liña de axudas foi posta en marcha o ano pasado no marco do conxunto de medidas impulsadas polo Goberno autonómico para apoiar ao tecido empresarial galego fronte ás circunstancias derivadas da pandemia.

As solicitudes concedidas na convocatoria anterior foron 464 por un importe de preto de 6 millóns de euros.

24 nov 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.