Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aproban o plan para a construción da ponte lousamiá

As obras paralizáronse pola quebra da anterior empresa adxudicataria // Levan ano e medio sen o acceso principal ao núcleo de Berrimes

A alcaldesa lousamiá, Teresa Villaverde, celebrou a aprobación no pleno da Deputación da Coruña do proxecto de remate da ponte de Berrimes, ao tempo que pediu a máxima celeridade na súa licitación e execución. A rexedora sinala que “despois de ano e medio con ela derrubada, sendo como é unha ponte de acceso ao núcleo de poboación de Berrimes e que os comunica co resto da parroquia, hoxe comezamos a ver a luz”, dixo.

As obras de ampliación da ponte, na DP-4202 Aldeagrande-O Couto, deron comezo o 29 de abril do pasado ano. Un par de meses máis tarde, a actuación paralizouse pola quebra da anterior empresa adxudicataria, xusto despois de derrubar o viaduto sobre o río Pesqueira, cortando o paso á localidade de Berrimes, que leva pechado dende entón. Por iso, dende aquela os veciños e veciñas teñen que chegar ás súas vivendas a través doutros dous accesos viarios alternativos que supoñen unha distancia adicional de máis de dous quilómetros, segundo indicaron fontes muncipais.

Respecto á intervención, se o proxecto inicial era de 173.402 euros, o que acaban de aprobar ascende a 181.811 euros. Os labores permitirán ampliar a plataforma da ponte sobre o rego Pesqueira de cinco a doce metros, así como ofrecer un itinerario peonil seguro para aos cidadáns. Tamén contará con beirarrúas de 2,25 metros de ancho en cada marxe, recubertas con baldosa hidráulica, permitindo así cruzar a pé con total seguridade. As obras financiadas pola Deputación incluirán o acondicionamento da estrada DP 4202, para ampliar gradualmente o ancho da calzada.

02 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.