Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Artes acolle a maior mostra de gravados de Detlef Kappeler

Está formada por máis de sesenta obras do creador alemán, que está afincado en Muxía

Ribeira. A máis completa exposición nunca feita sobre os traballos en gravado do artista Detlef Kappeler exhíbese xa no Museo do Gravado de Artes (Ribeira). O acto inaugural contou coa asistencia do propio artista alemán, nacido en Sttetin en 1938 e afincado en Muxía dende 2004.

Formada por máis de 60 obras que ocupan dúas salas do museo, a mostra é froito da doazón que Kappeler realizou á Fundación Museo do Gravado de Artes. A súa comisaria, Nuria Kolb, dixo que esta é a primeira vez que unha exposición se centra exclusivamente nos gravados de Kappeler, conformándoa material non só do seu estudo na Costa da Morte, senón tamén de Hannover, pois pretende abarcar as distintas etapas do autor. Moitas das láminas conforman pasos previos para obras de maior formato.

Tamén Antón Castro, catedrático de Belas Artes, incidiu na obra de Kappeler e describiu a evolución experimentada dende a súa eclosión nos anos sesenta cun estilo expresionisma e figurativo ata embarcarse coa chegada do posmodernismo nun compromiso iconográfico, “ollada coa que segue interpretando o mundo, pero desde un Macondo particular que é Muxía”, afirmou. suso souto

14 may 2022 / 17:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.