Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arturo Vázquez, o novo centenario de Lousame

LOUSAME. O Concello de Lousame vén de homenaxear a Arturo Vázquez Costa, veciño de Froxán, con motivo do seu cen aniversario. A alcaldesa Teresa Villaverde e a edil Silvia Agrafojo desprazáronse ata a súa vivenda para entregarlle unha placa conmemorativa e unha caixa de doces. Ambas compartiron un tempo de encontro co homenaxeado e coa súa familia, que celebrou por todo o alto o aniversario este domingo cunha festa á que asistiron numerosos achegados. O home centenario atópase nun bo estado de saúde, tanto física como mental, polo que desfrutou moito da xornada. Arturo Vázquez Costa naceu o 5 de xuño de 1922. Traballou nas minas de San Finx, facendo os mangos das ferramentas que empregaban os mineiros. Despois foi o caseiro dun dos xefes das minas, Don Luís, e tamén estivo un tempo como albanel. Actualmente vive no núcleo de Froxán cos seus dous fillos, María e José. Ten dúas netas e tres bisnetos. m. c.

07 jun 2022 / 17:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.