Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

BNG e sindicatos apostan pola renovación do edificio xudicial da vila noiesa

noia. O BNG mantivo reunións coas federacións de Xustiza da CIG e de UXT despois dunha nova caída do teito no edificio dos Xulgados de Noia. As tres organizacións coinciden na necesidade de acometer as solucións pertinentes nunhas instalacións “que non poden continuar nestas condicións”. O voceiro municipal do BNG, Ricardo Suárez, afirmou que a súa intención é “levar este tema ao próximo Pleno para que os servizos técnicos desenvolvan un estudo cos requisitos que precisarían as instalacións dos Xulgados para o seu funcionamento óptimo”. Pola súa parte, a deputada do BNG no Parlamento galego, Rosana Pérez, sinalou que as últimas medidas de eficiencia enerxética e pintado do edificio xudicial “non supoñen unha reforma estrutural que solucione os problemas de espazo e de inseguridade laboral”. m. c.

19 ene 2023 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.