Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro acolle concertos de Moon Cresta e dA Trío no programa Música en salas

Boiro. O local A Pousada da Galiza Imaxinaria, de Boiro, acollerá dous concertos este mes promovidos pola Xunta de Galicia ao abeiro do programa Música en salas.

Por unha parte, o grupo Moon Cresta chega coa potencia do seu rock este domingo día 5. A vindeira semana será a quenda de dA Trío, o grupo liderado por Narci Rodríguez, que constrúe o seu proxecto musical a partir de elementos de estilos tan diversos como propios do groove, funk, hip hop, soul ou a música electrónica. O seu concerto terá lugar o día 12.

As dúas citas terán lugar a partir das oito da tarde.

Estas actuacións forman parte da carteleira de dito ciclo, desenvolvido en colaboración coa Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo-Clubtura para axudar á recuperación da actividade dos solistas e grupos galegos e dos locais de música en directo logo dos meses de dificultades asociados á pandemia sanitaria do coronavirus. s. souto

02 dic 2021 / 17:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.