Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro acollerá o musical ‘Camiñantes e cantantes’

Boiro. O Concello de Boiro acollerá o xoves 18 o espectáculo musical de La Ocaband Camiñantes e cantantes a partir das 22.00 horas na Praza de Galicia. O alcalde, José Ramón Romero, presentou a actividade co director e produtor Carlos Alleres e co director musical Dani Dopazo.

O espectáculo busca que o público vaia facendo un percorrido, a través dos artistas galegos de todos os tempos, polas distintas rutas a Santiago de Compostela, coñecendo así os distintos temas que interpretan. O musical, ademais de La Ocaband como banda musical principal, contará coa participación de outros artistas convidados, como son, por exemplo, Pepo Suevos, Manuel Manquiña, Pili Pampín ou Lucía Pérez.

Camiñantes e cantantes é un musical integramente en galego, apto para un público familiar e de carácter gratuíto. Terá unha duración aproximada de 120 minutos e será gravado para a súa emisión na Televisión de Galicia.

O musical conta tamén co patrocinio da Xunta de Galicia, a través do Xacobeo 21-22, e coa colaboración de Turismo de Galicia. Suso souto

13 ago 2022 / 15:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.