Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro amplía o plan de compostaxe, que suma máis de sesenta vivendas

O ano pasado logrouse un aforro na xestión de ata oitocentos litros de desperdicio por familia

Boiro. O Concello de Boiro, que está adherido ao plan de compostaxe doméstica que promove Sogama para estender as prácticas de autocompostaxe nas vivendas do municipio, reducir residuos orgánicos e lograr unha xestión máis sostible, repartiu no mes de decembro 30 composteiros en vivendas unifamiliares da localidade e, como a demanda foi superior, veñen de solicitarse quince máis.

Con esta nova entrega cóbrese toda a demanda e lista de agarda de persoas interesadas en participar neste programa. O obxectivo do goberno local é seguir achegando esta iniciativa ao maior número de vivendas unifamiliares do concello. Este é o segundo ano que o Concello boirense pon en marcha esta iniciativa, polo que xa hai máis de sesenta domicilios que teñen composteiros.

Os resultados do primeiro ano foron moi positivos, xa que se logrou un aforro na xestión de entre 600 e 800 litros de desperdicio por familia ao ano. Todas as persoas que desexen participar nesta iniciativa poden poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente para seguir creando unha listaxe de agarda e facilitar cada vez a máis vivendas os medios para implementar a compostaxe. s. s.

14 ene 2021 / 15:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.