Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro contrata a sete peóns para servizos e obras co PEL

Boiro. O Concello de Boiro recibirá a través do PEL-Concellos da Deputación da Coruña 52.000 euros para a contratación de persoal para a execución de obras e servizos.

Este importe, sumado á aportación municipal, vaise destinar á contratación de sete peóns durante cinco meses a xornada completa para reforzar os departamentos municipais que traballan en servizos básicos. O persoal a contratar estará ligado a tarefas de limpeza viaria, recollida de residuos, mellora de accesos a núcleos ou parques públicos. Os aspirantes deben estar en situación de desemprego e atoparse nalgunha situación de exclusión laboral, como ser maiores de 45 anos, estar en situación de desemprego de longa duración, en situación de discapacidade, ser vítimas de violencia, estar en situación de drogodependencia, etc. O proceso selectivo abrirase nas próximas semanas e as bases estarán publicadas na páxina web municipal a disposición das persoas interesadas. s. s.

17 mar 2022 / 16:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.