Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro convoca cursos de operacións básicas de cociña, restaurante e bar

Boiro. O Concello de Boiro ofrece formación en operacións básicas de cociña, restaurante e bar no marco do plan de Accións Formativas para Desempregados.

O prazo de inscrición nos cursos está aberto e pode facerse a través do servizo de Orientación Laboral. Son de nivel un e están dirixidos a persoas desempregadas. A finais de decembro comezará o de cociña, de 368 horas de duración e que inclúe módulos de formación transversal para a integración laboral, a sensibilización ambiental e a igualdade de xénero e oportunidades entre homes e mulleres, así como un módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas. O número máximo de prazas ofertadas é de 15 e para participar é preciso estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. Os interesados en obter máis información poden pedila no departamento de Orientación Laboral ou chamando ó 981 842 609. s. s.

03 dic 2021 / 14:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.