Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro convoca o proceso para unha lista de contratación de vinte peóns

Poderán participar os maiores de 16 anos, en paro e que polo menos teñan segundo da ESO

Boiro. O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de contratación de peóns, con cargo a unha subvención da Deputación da Coruña de 103.996 euros. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles a contar dende este mércores.

As persoas candidatas deberán ter cumpridos os 16 anos; non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias deste traballo; non atoparse en causas de incompatibilidade ou incapacidade; non ter sido despedidas mediante expediente disciplinario de ningunha administración publica; estar no paro e estar en posesión, como mínimo, do segundo curso da ESO ou equivalente.

Ademais, as persoas aspirantes deben estar nalgunha situación de exclusión laboral. O sistema de acceso vai ser mediante concurso-oposición libre e o número máximo de integrantes da lista será de 20. A oposición constara de tres exercicios: un cuestionario de 20 preguntas, unha proba oral sobre as funcións a desenvolver e unha proba sobre lingua galega. s.s.

23 feb 2021 / 15:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.