Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boiro convoca un proceso selectivo para contratar socorristas

Boiro. O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de contratación de socorristas acuáticos en espazos naturais durante o verán.

A presentación de solicitudes debe facerse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica, e o prazo será de cinco días hábiles a contar dende este venres día 11.

As persoas aspirantes deben estar en posesión da titulación mínima de graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria e estar inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais, deben cumprir cos demais requisitos que se esixen para acceder ao emprego público e non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo que se ofrece.

O sistema de acceso será mediante oposición libre e constará de tres exercicios de carácter obrigatorio. O primeiro deles será unha proba de comprobación de coñecementos teóricos consistente na realización dun cuestionario de 40 preguntas tipo test. O segundo será unha proba física na praia de Carragueiros con carreira e entrada á auga co material de salvamento. E o terceiro será de coñecemento de lingua galega.

Pola súa banda, o Concello da Pobra inicia tamén un proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para monitor/a de tempo libre. As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica ou no rexistro xeral. O prazo é de dez días hábiles a contar dende hoxe. s. s.

10 jun 2021 / 13:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.