Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro convoca un proceso selectivo para contratar técnicos de turismo

Preténdese elaborar unha listaxe para a contratación temporal de vinte persoas

Boiro. O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha listaxe de contratación laboral temporal para técnicos de turismo. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles e estará aberto a partir deste martes.

O número máximo de integrantes da lista establécese en vinte persoas candidatas e o sistema de acceso será mediante oposición libre.

As persoas candidatas deben estar en posesión do título de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou posuír a titulación de Técnico de Empresas e Actividades Turísticas, grao en Turismo; en Ciencias Empresariais e Turismo; en Historia da Arte; Humanidades, Xeografía e Ordenación do Territorio ou Historia.

Ademais, deberán posuír, como mínimo, o CELGA 4 ou equivalente, ter mais de dezaseis anos e non atoparse en causas de incompatibilidade ou incapacidade.

A documentación requirida deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, que está aberto de luns a venres en horario de 09.00 a 13.30 horas, ou mediante a Sede Electrónica. s. souto

01 mar 2021 / 15:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.