Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro convoca unha liña de subvencións para o comercio local

As bases e toda a información relativa ás axudas está dispoñible na web municipal

Boiro. O Concello boirense convoca unha liña de axudas para o comercio boirense ao abeiro do programa para a modernización do Centro Comercial Aberto de Boiro financiado mediante fondos Next Generation UE. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o pasado xoves a convocatoria de axudas e o prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles. As bases e toda a información da convocatoria están a disposición das persoas interesadas na páxina web municipal (www.boiro.gal).

Segundo a convocatoria, as axudas establécense como subvencións en especie e están destinadas a establecementos comerciais de Boiro como comercio polo miúdo de produtos téxtiles, viños e bebidas, medicamentos e artigos de drogaría, equipamento do fogar, bens usados ou instrumentos musicais. Tamén actividades empresariais realizadas fora do establecemento; establecementos, postos ou mesas do mercado municipal; establecementos de hostelaría; aloxamentos hoteleiros, pensións, campings, etc.

As axudas poden solicitarse para servizos de posicionamento SEO, servizo de entrega de bolsas reciclables, servizo de entrega de envases compostables, servizo de entrega doutros elementos reciclables, servizo de bono-transporte, xornadas de formación en marketing dixital e outros servizos de uso de equipamentos como utilización de taquilla automatizada de pedidos ou utilización de máquina biorecicladora.

Lembrar que o Concello de Boiro recibiu unha subvención por importe de 237.641 euros da Secretaría Xeral de Industria, dependente do Ministerio de Industria e Turismo, financiada con fondos Next Generation UE, para o impulso comercial e a modernización mediante a transformación dixital sostible nos mercado municipais.

“O sector comercial e de servizos ten un peso importante no municipio e queremos seguir traballando para que o comercio de Boiro manteña a súa influencia”, dixo o alcalde boirense, José Ramón Romero, recentemente. A administración local desenvolverá durante este ano diferentes iniciativas e melloras que están cofinanciadas polo Concello e o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo con fondos Next Generation. m. c.

19 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.