Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro dedícalle unha mostra ó papel das mulleres no baile tradicional

Organiza tamén outras dúas sobre as máis senlleiras e as que foron represaliadas

Boiro. A concelleira de Educación de Boiro, María Outeiral, e a directora do CIM, María Ortega, presentaron a programación para conmemorar o día 8 de marzo con actividades para toda a poboación e para os centros educativos do municipio.

O luns 8 abrirase ó mediodía no consistorio a exposición Muller, tradición e baile en Boiro, sobre a figura da muller no baile tradicional, con 25 fotos das asociacións Xilbarbeira, Pedra de Aroña, Abeloura, Nunca é Tarde e Cen Pliés. Poderá visitarse todo o mes e despois será itinerante polos centros sociais.

Asimesmo, o Concello organiza a mostra Senlleiras, sobre as mulleres boirenses represaliadas, realizada pola entidade Unión de Muchachas grazas a un traballo de investigación sobre mulleres senlleiras da contorna que destacaron en diversas facetas e que estará durante todo o mes no centro social da vila.

Tamén ese día 8 terá lugar un espectáculo destinado aos centros educativos: Historias de cinema, de Raquel Queizás, que mestura narración, teatro e cine e pretende espertar nos nenos e nenas o amor polo cinema a través da figura de Alice Guy, pioneira en dirixir cine de ficción que foi actriz, guionista, deseñadora, produtora, cómica...

Haberá dúas funcións para os alumnos na casa da cultura: unha ás 10.00 e outra ás 12.00 horas, e retransmitiranse en directo vía streaming.

Ademais, vaise impartir un conto sobre igualdade que leva por título Daniela a pirata, sobre os estereotipos nas profesións, que será itinerante para o alumnado de cuarto.

Os centros educativos elaboraron de maneira conxunta o proxecto As mulleres da nosa vida, nunha exposición fotográfica que homenaxea ás mulleres importantes. Poderase ver na casa da cultura.

E o CIM vai impartir nos centros de ensino do municipio charlas de promoción da igualdade para alumnado de Primaria sobre a invisibilidade feminina nos libros de texto e as mulleres na arte. s. s.

03 mar 2021 / 15:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
8-M
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.