Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro eleva en doce mil euros a partida para entidades de carácter social

O Concello pretende apuntalar o traballo que realizan Ambar e Renacer no municipio

Boiro. O Concello de Boiro someterá este xoves a aprobación no pleno da Corporación un incremento de 12.000 euros nas subvencións nominativas que o Concello concede ás entidades sociais.

“Continuamos a fortalecer a rede de servizos sociais e este ano, ademais do aumento na partida orzamentaria destinada a estas entidades, incorpóranse outras novas que prestan servizo no noso municipio”, sinalou o alcalde, José Ramón Romero.

Neste ano concédense subvencións nominativas ás entidades Ambar e Renacer, para impulsar o seu traballo.

O aumento das contías e os conceptos de xustificación foron previamente acordados coas entidades co obxectivo de axustar os recursos públicos ás necesidades das asociacións. “Colaboramos durante todo o ano coas entidades sociais en beneficio dos boirenses; ese é o noso camiño a seguir. Un camiño conxunto de cooperación e colaboración para apoiar e impulsar ás familias”, sinalou o edil de Servizos Sociais, Raúl Treus.

Ademais de ampliar o orzamento destinado ás mencionadas axudas, modifícanse tamén os conceptos e a forma de xustificación para que as entidades poidan destinar máis servizos de apoio ao Concello, motivados pola evolución da poboación e, asimesmo, as súas necesidades.

“O Concello de Boiro, traballando en conxunto coas entidades sociais, é capaz de achegar moitos máis recursos á veciñanza”, explicou ao respecto o concelleiro, quen destacou a importancia dos servizos que prestan. s. s.

27 jul 2022 / 14:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.