Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro ‘incuba’ dez proxectos de creación e aceleración de empresas

Hainos sobre cociña, agricultura ecolóxica, produción musical, téxtil ou tecnoloxías

Boiro. Un xurado seleccionou entre as dezaoito propostas presentadas as dez que pasan á segunda fase do programa de formación-aceleración de empresas Lab Barbanza, posto en marcha polo Concello de Boiro co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración da patronal local.

As iniciativas emprendedoras seleccionadas son as seguintes: Fortem Hub (unha proposta formativa para persoas de colectivos vulnerables); Laflora (para a produción musical); Orenpay (que desenvolve unha aplicación móbil para o sector hostaleiro que permite ver a carta ou facer un pedido mediante códigos QR); E-commerce (de regalos personalizados); NadadeNada (un proxecto téxtil); Arándanos Barbanza (sobre agricultura ecolóxica); Esteos (un proxecto de carácter tecnolóxico para simplificar os procesos produtivos das empresas e minimizar custes); GastroLab Arousa (unha escola de cociña cun espazo gastronómico orientado á formación e ás demostracións culinarias en directo); Naturalmente (que plantexa terapias alternativas para o coidado usando produtos naturais); e Fashion School (unha escola de corte e confección online).

As persoas emprendedoras que participan no mencionado programa teñen á súa disposición as instalacións do espazo Coworking (no viveiro de empresas do polígono de Espiñeira) para seguir traballando na posta en marcha dos proxectos, así como para recibir asesoramento personalizado para os seus respectivos proxectos. s. souto

09 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.