Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Buscan entre os boirenses historias, lendas e contos sobre o Pazo de Goiáns

O Concello convocou ós veciños para este sabado a unha xornada que incluirá unha mosta de instrumentos antigos e unha ruta polos xardíns do inmoble

Boiro. O Concello de Boiro, a través da concellería de Cultura, organiza para este sábado ás 18.30 horas unha xornada de amizade no Pazo de Goiáns que ten como obxectivo recoller entre a cidadanía historias e lendas sobre este histórico inmoble.

As actividades comezarán cunha exposición de instrumentos antigos galegos da Asociación Menestreis, con explicación e demostración de como funcionan, e ás 19.00 horas os asistentes participarán nun paseo botánico polos xardíns da finca do pazo (que abarcan unha superficie de 120.000 metros cadrados) co biólogo Xulio Gutiérrez.

Ás 20.00 horas haberá un encontro-café, cunha pequena exhibición de café turco, para recoller vivencias e contos sobre o Pazo con Os Quinquilláns, José Manuel Lijó e toda a veciñanza que queira aportar todo aquelo que coñece sobre a historia de Goiáns. O obxectivo desta xuntanza é recoller coñecemento arredor da historia do pazo para despois realizar visitas teatralizadas. A xornada rematará co concerto De película, da Banda de Música de Calo, ás 22.00 horas.

As inscricións para inscribirse nesta xornada poden facerse a través da páxina web municipal cubrindo o formulario online dispoñible. s. s.

30 may 2022 / 15:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.