Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cancelan o sorteo dos permisos de marisqueo a pé en Noia

Posponse para máis adiante debido ás medidas restritivas en vigor pola pandemia

Noia. A Xefatura Territorial da Consellería do Mar na provincia da Coruña emitiu onte un comunicado no que informaba da cancelación da celebración do sorteo das prazas para acceder aos permisos de explotación para marisqueo a pé para o exercicio da actividade extractiva no ámbito da confraría de Noia.

Unha decisión tomada a raíz das recentes circunstancias da evolución da pandemia do COVID na Comunidade galega, que levaron á Xunta de Galicia a anunciar a instalación de medidas máis restritivas, especialmente nos concellos cun nivel máximo de medidas, entre os que se atopa o Concello de Noia, no que se tiña previsto realizar o sorteo indicado anteriormente.

As medidas entraron en vigor onte, día quince de xaneiro, e previsiblemente permanecerán, polo menos, durante todo o presente mes.

Polo que respecta ao proceso selectivo, terá que decidirse máis adiante pois, tras publicar a listaxe provisional das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes admitidas ao proceso selectivo, establecer un prazo de quince días hábiles para efectuar alegacións ás puntuacións outorgadas e revisar as mesmas, prodúcese un empate para dez prazas entre sesenta e oito solicitantes que acadaron todas elas 10 puntos en total.

Por iso, o citado proceso resolverase mediante sorteo en presenza das persoas afectadas por dita situación, o cal se pospón ata que a evolución sanitaria derivada da pandemia o permita, momento no que se emitirá unha nova comunicación. m. c.

16 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito