Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Carnota celebra o Día do Libro con ‘Estrafalaria’

CARNOTA. O Concello de Carnota celebrará o Día do Libro o vindeiro 23 de abril con Estrafalaria, da compañía teatral Xarope Tulú, un espectáculo de narración oral dirixido ao público familiar e infantil (a partir dos tres anos). Unha función que axudará aos máis pequenos “a entender a diversidade como algo enriquecedor”, comentan fontes municipais. A actividade desenvolverase no salón de actos do consistorio ás 16.30 horas. A entrada é de balde pero é necesario inscribirse previamente. As persoas interesadas poden anotarse ata o día 22 ás 14.00 horas no Servizo de Normalización Lingüística, chamando ao 981 106 331 ou enviando un correo a cultura@carnota.gal. m. C.

15 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.