Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Carnota reduce consumo e gasto enerxético grazas ao cambio de luminarias

CARNOTA. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, insistiu onte en Carnota na aposta do Executivo cara a mellora das economías dos concellos con medidas como as axudas ao desenvolvemento de proxectos da eficiencia enerxética; que permiten aforrar unha parte moi considerable da factura da electricidade dos municipios. Puxo como exemplo o concello carnotán e o de Dumbría, que optaron ás axudas do Ministerio para a Transición Ecolóxica para a renovación dos seus alumeados públicos, liberando anualmente máis de 87.000 € da factura de electricidade. Os alcaldes de ambos concellos, Juan Manuel Saborido e José Manuel Pequeño respectivamente, Miñones e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, analizaron os proxectos que mobilizarán un total de 2,4 millónes de euros en investimentos. m. c.

06 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.