Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Carpintaría e forestais contra o paro en Muros

Gonzalo Trenor lembrou que o prazo de solicitude está aberto ata o día 8 // No Barbanza estanse a desenvolver cinco talleres

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a alcaldesa muradá, Inés Monteagudo Romero, visitaron este martes o obradoiro de emprego de Muros, compartido con Carnota, no que se forman a 20 alumnos en carpintería e moble e en aproveitamentos forestais.

Trenor animou aos alumnos a aproveitar esta formación e destacou a gran utilidade deste tipo de cursos porque ademais de mellorar as capacidades para que os desempregados atopen un emprego, complementase con traballos nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna. Na comarca do Barbanza estanse a desenvolver 5 obradoiros de emprego, para os que a Xunta de Galicia reserva 1,4 millóns de euros.

Durante a súa visita o representante do Goberno galego lembrou que os obradoiros duais de emprego, ampliarán este ano o seu orzamento nun 23 % ata os 42,1 millóns de euros. Con esta iniciativa estímase que entre 2022 e 2023 unhas 1.600 persoas sen emprego melloren a súa cualificación, ao tempo que acceden a un traballo, a través do desenvolvemento de máis de 80 talleres. As entidades promotoras destes programas -concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal- poden solicitar a súa participación na nova convocatoria ata o 8 de abril.

Segundo apuntaron dende a Administración autonómica, os obradoiros duais teñen unha tripla dimensión: mellorar a empregabilidade das persoas participantes mediante a formación para o emprego de calidade; desenvolver actuacións de mellora en espazos públicos e a prestación de servizos de interese xeral e social; e colaborar con entidades locais galegas para incrementar o emprego nos concellos.

Como participantes, darase prioridade ás persoas con especiais dificultades de inserción no mercado laboral como mulleres, emigrantes retornados e vítimas de violencia de xénero ou persoas que esgotaron as prestacións.

06 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.