Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Catro familias boirenses acollen a nenos ucraínos

BOIRO. Seis nenos e nenas procedentes de Ucraína chegaron esta semana a Boiro para ser acollidos por catro familias do municipio. Os nenos e nenas foron recibidos polo edil de Servizos Sociais, Raúl Treus, unha traballadora social municipal e un estudante que fixo de tradutor. Os cativos viñeron mediante a ONG Niños de Ucrania y Andalucía, coa que colaboran xa voluntarios boirenses acollendo ós pequenos nos períodos non lectivos de Nadal e verán. O Concello puxo a disposición das familias acolledoras os recursos necesarios para que puidesen chegar ao municipio e a asistencia necesaria para a súa estadía. Treus mostrou o seu agradecemento coas familias de acollida “por axudar nun momento tan difícil como este, sen coñecer ben cales son as condicións nin o tempo que van pasar con elas”. O Concello pon a disposición das familias de acollida información e os trámites asistenciais para contribuír ás economías familiares. S. Souto

10 mar 2022 / 13:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.