Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Celebrará a comunidade de montes de Santa Mariña a Festa da Cachena o 25

Muros. A comunidade de montes de Santa Mariña de Esteiro (Muros) celebrará unha nova edición, e xa van sete, da Festa da Cachena o vindeiro sábado día 25 de xuño. Haberá un xantar no monte A Laxe (xardín botánico) a partir das 14.30 horas.

O menú, servido pola Pulpería Mambis, inclúe entremeses, polbo, carne de cachena guisada e ó caldeiro, postre, café e chupitos, viño, cervexa, auga e refrescos. Ten un prezo de 32 euros para os adultos e os nenos de máis de 14 anos, que se queda en 15 euros para os rapaces de 5 a 14 anos. Indicar que para os cativos de menos de 5 anos o xantar será de balde.

Segundo informaron dende a comunidade de montes de Santa Mariña, o aforo limitouse a 300 persoas. Os interesados en asistir á romaría, na que non faltarán a música e os grupos folclóricos para amenizar a festa, poden adquirir as entradas no 619 644 444 ou ben contactando cos membros da directiva. c. g.

23 jun 2022 / 19:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.