Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Charla sobre nutrición na Escola de Hostalería da capital do Barbanza

RIBEIRA. No marco das actividades que se están a desenvolver no treito final do obradoiro de emprego de cociña O Pote II que se imparte na Escola de Hostalería de Ribeira, tivo lugar esta semana unha charla sobre nutrición ofrecida por Ana Rodríguez Sampedro, farmacéutica comunitaria en A Pobra, especialista en nutrición e experta universitaria en saúde pública. A actividade tivo como obxectivo que o alumando afondase nos conceptos básicos sobre os macro e micronutrientes, as racións recomendadas, o prato de Harvard, os cambios que sofren os alimentos coas diferentes técnicas culinarias e unha práctica sobre a selección dos alimentos dependendo do grupo ao que pertencen e a elaboración dun menú semanal equilibrado. O acto contou coa asistencia do concelleiro de Promoción Económica, Ramón Doval. Suso souto

05 nov 2021 / 13:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.