Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chega á vila lousamiá o espectáculo ‘Le cirque’ da man do mago Cayetano Lledó

Lousame. A casa da cultura de Lousame acollerá o domingo 19 de setembro, ás 20.00 horas, o espectáculo de maxia cómica Le cirque de François Lafayette, da man do exitoso mago Cayetano Lledó. Unha obra de teatro e maxia para toda a familia que será de acceso gratuíto, previa reserva da entrada a través da plataforma bandoticket.com.

Le cirque é un espectáculo inspirado tanto no teatro clásico como nas correntes actuais, pero cun enfoque innovador e característico de Cayetano Lledó. As persoas que asistan á iniciativa descubrirán o mundo do circo baixo a visión fresca e renovada do home que revolucionou as artes circenses fusionadas coa maxia: François Lafayette. Unha función que foi aclamado en múltiples cidades e vilas de todo o mundo, que rescatou o cabaret e que agora chega a Lousame.

A actividade está organizado polo Concello lousamián, en colaboración coa Deputación da Coruña. m. c.

14 sep 2021 / 20:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.