Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chega á vila noiesa ‘50 anos da Casa de Rosalía’

Noia. A concellería de Cultura do Concello de Noia, que preside José Pérez, comunicou que o mércores 15 de xuño, a partir das 12.00 horas na Alameda, terá lugar a inauguración da mostra 50 anos da Casa de Rosalía, unha exposición a ceo aberto.

No acto inaugural contarase coa presenza de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía; o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e o concelleiro de Cultura; e Xosé Penas, deputado da Deputación da Coruña, que financia esta itinerancia.

A mostra, que repasa a historia da Casa-Museo de Rosalía de Castro desde as súas orixes, poderase visitar ata o 28 de xuño, rematando así a itinerancia promovida pola entidade provincial. A exposisión está comisariada por Pepe Barro, tamén autor da museoloxía da Casa-Museo.

A continuación da inauguración terá lugar unha visita guiada pola mesma da man de Anxo Angueira.

PRESENTACIÓN. Por outra banda, este venres terá lugar a presentación do libro As expresións inglesas (Kind Of e Sort Of) , de Héctor Agrafojo Blanco. Dende Cultura indicaron que o acto terá lugar na casa da cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia a partir das 20.30 horas. m. c.

13 jun 2022 / 19:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.