Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chega ao final o Festimaxia de Lousame con De Lucas

Lousame. A casa da cultura de Lousame acollerá este domingo 28 de novembro, ás 18.00 horas, a derradeira sesión da sexta edición do Festimaxia. Un festival coas actuacións de acceso gratuíto, previa reserva de praza en bandoticket.com, que xa colgou o cartel de non hai entradas nos espectáculos anteriores, protagonizados polo Mago Romarís e David Méndez.

O espectáculo deste domingo, Olé, chega da man de Miguel de Lucas, unha das figuras máis destacadas da maxia española e moi coñecido polo seu traballo como presentador de Un país mágico (TVE).

En Lousame fará unha actuación de 55 minutos dirixida a un público familiar na que se mesturan situacións improvisadas con disparatados números de maxia. m. c.

25 nov 2021 / 20:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.