Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

do Camiño A Orixe

RIBEIRA. O merchandising do

Camiño de Santiago A Orixe deseñado polo artista Manuel Ayaso (quen vén de ser nomeado Fillo Predilecto de Ribeira) e confeccionado polo negocio local Laguerzza, acaba de abrir o seu primeiro punto de venta fóra da comarca barbanzana. Concretamente, fíxoo no Mercado da Pedra en Vigo.

Así, alí pódense mercar distintos elementos coas imaxes identificativas da Ruta xacobea que arranca no faro de Corrubedo,tales como suadoiros, bolsos, cuncas ou camisetas. Deste xeito, proséguense os labores de promoción dun Camiño que na semana pasada recalou en Fitur da man da mancomunidade Barbanza Arousa. A previsión é abrir máis puntos de venta noutros puntos da xeografía galega nos próximos meses: un obxectivo no que existen xa varias propostas que se están a avaliar. m. T.

24 ene 2022 / 20:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.