Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cincocentas cadeiras e entradas con códigos QR para as misas do Nazareno

Mañá hai tres oficios relixiosos na Praza Segundo Durán

A actuación do grupo Broken Peach abriu este venres na Pobra a programación das festas do Nazareno, que inclúe para esta fin de semana diversas actividades cunha vertente cultural nas cales primará a seguridade fronte á Covid-19 grazas a un amplo dispositivo para garantir a seguridade e saúde públicas.

Ademais, disporanse cadeiras en todos os eventos para controlar o aforo, e procederase á desinfección dos espazos e mobiliario cando conclúa cada un deles.

Na xornada de hoxe sábado, o grupo Millo Miúdo (gañador do certame Interritmos Sons no Rural) actuará ás 13.30 horas na alameda e, a partir das 20.30, haberá ruada de música e baile tradicional con Arrancadeira (da Covecha aos Xardíns), Os Caraveiros (do Paseo dos Areos ao Cantón da Leña) e Trécola (da rúa da Feira á Praza de Maura). E o grupo Puzzle ofrecerá un repertorio musical en galego no Cantón da Leña ás 21.30 horas.

Mañá domingo celebraranse misas na igrexa de Santiago do Deán (ás 08.00, 09.00, 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00), con aforo limitado a 120 persoas, e tres oficios na Praza Alcalde Segundo Durán (ás 10.00, 11.30 e 13.15), neste caso con 500 cadeiras (200 delas baixo carpa). No que respecta ó acceso á praza, será mediante unha entrada con código QR. Estes tíckets distribuiranse a través do email nazarenoentradas2020@gmail.com e tamén haberá un efectivo de Protección Civil que as repartirá á saída da novena no propio templo. Será preciso facilitar o nome, os apelidos e o número de teléfono, ademais de especificar a que misa se asistirá das que se desenvolverán no exterior.

Por outra banda, retransmitirase en directo o oficio das 13.15 horas a través do Canal Barbanza e en streaming pola canle do Youtube do Concello, ofrecendo así outra alternativa á presenza física.

Na citada praza, Setestrelo ofrecerá ás 20.00 h. o espectáculo O Camiño, un percorrido polas diversas rutas galegas que conducen a Santiago. O luns, festivo local, haberá alboradas en Xobre, Santa Cruz e Santo Isidro ás 10.00.

19 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.