Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Coloquio sobre familias de acollida na urbe ribeirense

RIBEIRA. O martes 16 de novembro, dentro do convenio de colaboración entre o Concello de Ribeira e a Asociación Galega de Familias de Acollida, Acougo, terá lugar a charla Contigo florece, xerando cultura de acollemento, coa intención de dar formación e difusión sobre o sistema de protección de menores e concretamente, das familias de acollida. Con esta iniciativa buscan achegarlle á sociedade a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e dar a coñecer o acollemento familiar. O coloquio está aberto a toda a cidadanía en xeral e transcorrerá no centro cultural Lustres Rivas ás 18.00 horas. Para asistir é preciso anotarse (622 672 188). m. t.

29 oct 2021 / 20:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.