Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comeza a campaña ‘Que sabes de Rianxo?’, coa que os mozos deben buscar pistas nos comercios locais

INICIATIVA. A Asociación Rianxeira de Empresarios, que preside Luis Duro, puxo en marcha a campaña online Canto sabes de Rianxo, na que poden participar mozos e mozas de entre doce e dezasete anos que terán que buscar, polos establecementos asociados, códigos QR que os guiarán ata unha serie de preguntas sobre lugares e persoeiros relevantes do municipio. En total son dez as preguntas que os participantes terán que localizar para dar coas claves. Unha vez atopadas e coñecendo as respostas correctas, deberán rexistrarse na páxina web da patronal (www.are.gal) deixando tamén o contacto dun titor ou titora legal e respondendo correctamente ás citadas preguntas. Entre todos aqueles que as respondan todas de xeito correcto sortearanse tres lotes compostos por un vale por importe de 100 euros para gastar nos negocios asociados á entidade; un vale de 20 euros para pedir comida a domicilio a través da plataforma mercarianxo.gal; e un lote con diverso material (unha mochila, unha botella, unha taza, un paraugas e unha bolsa reutilizable co emblema de Mercarianxo.gal). Os establecementos participantes nesta iniciativa de promoción do comercio local terán expostos nos seus escaparates ata o domingo 22 carteis cos códigos QR que os concursantes deberán escanear para obter as pistas. As inscricións poden facerse ata o martes 24. Non se admitirá a participación de ningún inscrito que non indicara o nome do seu titor ou titora. O sorteo realizarase o día 27. Por outra banda, a patronal rianxeira vén de asinar un convenio de colaboración con novas vantaxes para todos os seus asociados. Neste caso, o convenio formalizouse con Geseme, entidade especializada e con ampla experiencia na xestión da prevención de riscos laborais. A través deste acordo, a empresa ofrecerá aos socios da ARE os seus servizos, sempre en condicións económicas especiais. s. souto

16 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.