Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comeza no IES de Rianxo o ciclo de charlas Camiñando entre mulleres

Participan seis féminas que destacan nas súas respectivas profesións usando a lingua galega

Rianxo. O equipo de normalización e dinamización lingüística do IES Félix Muriel de Rianxo e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello volven colaborar na organización do ciclo de relatorios Camiñando entre mulleres, unha actividade educativa que procura achegarlle ao alumnado do centro referentes femininas que destacan nos seus respectivos ámbitos profesionais empregando a lingua galega. Trátase de mulleres que traballan como operarias, investigadoras, escritoras, muralistas...

A encargada de inaugurar o ciclo este luns foi María Xesús Lama (profesora da Universitat de Barcelona). Este martes é o turno da poeta ourensá Alba Cid, unha das escritoras máis prometedoras do noso panorama literario, gañadora do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández en 2020 polo seu poemario Atlas. Poemas para enfiar unha nova cartografía será o título do obradoiro que impartirá, dirixido ao alumnado de primeiro de Bacharelato. As demais convidadas son Nerea Vázquez (técnica en soldadura e caldeirería); Lupe Blanco (regueifeira); Helena González (directora da Adhuc e profesora da Universitat de Barcelona); e Lara Torres (grafiteira). s. souto

05 abr 2021 / 14:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.