Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comezan en Boiro os cursos de educación de adultos que non teñen a ESO

Boiro. A concelleira de Educación de Boiro, María Outeiral, participou na presentación das aulas de educación para persoas adultas que desenvolve o Concello para o curso 2022-2023 e que teñen como obxectivo ofrecer formación para aquelas persoas que non teñen o título da ESO.

Estas ensinanzas ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Os obxectivos destas aulas son adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional e adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual.

As aulas de educación para persoas adultas dependen do IES San Clemente de Santiago, de onde se despraza o profesorado para realizar os exames. Os cursos son cuadrimestrais e as aulas vanse desenvolver de luns a xoves, en horario de 20.00 a 22.00 horas na casa da cultura de Boiro coa finalidade de ofrecer compatibilidade entre a vida laboral e os estudos.

As prazas ofertadas divídense nos catro módulos para cursar 1º, 2º, 3º e 4º, podéndose realizar dous módulos en cada cursos escolar.

Cada módulo está dividido en diversos ámbitos: científico-tecnolóxico (Matemáticas, Bioloxía e Física); lingüístico (Galego, Castelán, Inglés ou Francés) e social. “Boiro é un dos poucos concellos que aposta e fai un esforzo por impartir estas aulas de forma directa”, sinalou Outeiral. s. s.

04 oct 2022 / 13:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.