Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comida e baile a esgalla no encontro dos maiores celebrado na Fieiteira

RIBEIRA. Había moitas gañas entre os participantes e, despois de dous anos sen poder celebrala por mor do covid, o Encontro das Persoas Maiores regresou o pasado domingo ao complexo da Fieiteira con preto dun milleiro de persoas asistentes que quixeron compartir en confraternidade a xornada. O evento estivo precedido dunha misa solemne ao mediodía no templo parroquial de Santa Uxía, oficiada polo cura Alfonso Mera e que contou coa intervención da Coral Polifónica Municipal de Ribeira. Xa a partir da unha e cuarto abríronse as portas do recinto polideportivo para acoller aos comensais, que recibiron a benvida do alcalde Manuel Ruiz Rivas. Despois do xantar tivo lugar un sorteo de obsequios entre os asistentes por cortesía das empresas Frinsa e Congalsa, antes de dar paso a un baile amenizado pola artista Mar Davila. m. cano

07 nov 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.