Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Completan o Camiño A Orixe unha vintena de camiñantes de Ribeira

RIBEIRA. A expedición ribeirense que o pasado 6 de febreiro iniciou no faro de Corrubedo o Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe, acaban de completar o percorrido. Foron unha vintena os andaríns que culminaron o traxecto ata a cidade compostelá: entre eles, os concelleiros Juana Brión e Víctor Reiriz. Ao finalizar exhibiron unha pancarta elaborada para a ocasión coa grafía distintiva tres letreiros turísticos dispostos nas rotondas de Xarás e da avenida da Coruña e no arranque do paseo do Touro. Os camiñantes realizaron as etapas aproveitando os domingos de varios fins de semana ao longo destes dous meses e medio. Nalgunhas das andainas os expedicionarios estiveron acompañados de representantes da Asociación de Amigos de Camiño de Barbanza

A Orixe, entre eles o presidente Manuel Mariño. m. t.

25 abr 2022 / 20:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.