Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Comuneiros de Baroña renovaron máis de dous quilómetros de peches

O SON. A comunidade de montes de Baroña (O Son) continúa instalando no seu ámbito peches para protexer ós seus animais da fauna salvaxe. Para iso contou cunha subvención da Consellería do Medio Rural que lle permitiu renovar máis de dous quilómetros de peches que estaban en mal estado ou que foran executados para outros motivos. Con estes traballos dáselle continuidade a outros que se foron facendo ó longo destes anos para delimitar terreos máis amplos e circundantes con pistas, para evitar ter no monte un sinfín de cerramentos sen sentido aparente e que dificultan un axeitado manexo dos animais. Nesta ocasión renováronse os da parte norte que limita dita comunidade coa de Noal. Asimesmo, aproveitaron para cortar unha franxa de piñeiros para facer unha discontinuidade horizontal como cortalumes. s. souto

31 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.