Concerto dos maiores da UNED Sénior de Lousame
lousame. Os maiores da Aula de Lousame da UNED Sénior ofreceron este mércores un concerto na praza Teodomiro Hidalgo (Portobravo) para celebrar o inicio do curso. Unha iniciativa na que estiveron acompañados por alumnos e alumnas da UNED Sénior de Guitiriz, Momán, Paderne e Monfero, cos que tamén compartiron un xantar de confraternidade. O concerto estivo dirixido por Fernando do Campo e Fran Cupeiro, profesores das Aulas de Lousame e Guitiriz, respectivamente. A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, puxo en valor non só o nivel musical acadado polo alumnado, senón a importancia de manter os lazos de amizade coa veciñanza e con agrupacións. m. c.
21 oct 2021 / 19:43
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.