Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Continúa a diversión nas parroquias rianxeiras co exitoso festival de títeres

rianxo. O festival de títeres tradicionais Titiriberia, organizado pola Asociación Morreu o Demo ca colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña, celebra ata este sábado a súa sexta edición. Este mércores tiveron lugar tres espectáculos. A compañía Seisdedos Animación presentou O cego dos monifates, de xeito itinerante na Praza de Castelao. No Campo do Souto en Isorna, Trécola ofreceu Sidulfo e o diaño. E no centro A Capela de Araño, Paporrubio presentou Variétes do animalario. En canto á xornada deste xoves, o auditorio acolle ó mediodía a función O día en que a morte sambiou, e ás 20.00 horas será no Pazo de Rianxiño a mesa redonda Títeres e medios. Para o venres están programados Vacacións no mar (ás 12.00 horas en Asados); Maldita máscara (ás 20.30 no Pazo de Ranxiño) e Varietés (ás 23.00 horas no colexio Castelao). s. s.

21 jul 2021 / 17:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.