Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Continúa a dixitalización do arquivo ribeirense

Ribeira. Rematado o período de presentación de ofertas, son tres as empresas que se postulan á executar a actuación dirixida a proseguir coa dixitalización dos documentos custodiados no Arquivo Histórico Municipal para que poidan ser consultados telematicamente. En concreto, nesta ocasión vanse dixitalizar 66.273 páxinas pertencentes a preto dunha trintena de clases de documentación.

Actas da comisión municipal permanente (de 1924 a 1985), actas de pleno (de 1990 a 1998), libros de padróns de habitantes, libros rexistro de salvocondutos (1946-1947), ordenanzas municipais (1867-1880), libros rexistro de entrada e saída de buques (de 1863 e 1896) ou algúns máis específicos como actas da xunta soberana da revolución de 1968 son algúns dos documentos que se dixitalizarán nesta fase.

83.000 páxinas. Segundo indicou o executivo local, a documentación poderá ser consultada gratuitamente a través do Arquivo Dixital de Galicia (Galiciana), do cal hai un enlace na páxina web do Concello coas ligazón aos documentos históricos ribeirenses xa a disposición, conformando máis de 83.000 páxinas (ribeira.gal/arquivo-historico-dixital-de-ribeira). m. t.

22 oct 2021 / 20:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.