Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Convocado na vila pobrense un certame de microrrelatos

A Pobra. O Concello da Pobra convocou o concurso de microrrelatos Igualdade, conta comigo! como antesala da programación do Día Internacional da Muller, que se conmemora o oito de marzo.

Deberán ter unha extensión máxima de 150 palabras e tratar sobre a igualdade de xénero e de oportunidades entre mulleres e homes; a participación social, política e laboral; o apoderamento feminino; masculinidades positivas; e convivencia en igualdade. Valorarase o enfoque positivo e actual dos relatos e considerarase o fomento de valores igualitarios que rompan cos estereotipos e roles discriminatorios.

Establécense dúas categorías: a adolescente (de 12 a 17 anos, inclusive) e a adulta (para maiores de 18 anos).

As obras enviaranse ó email igualdade@apobra.gal antes do día 8 de marzo, incluíndo tres documentos adxuntos cos datos do autor ou autora, o microrrelato e, en caso dos menores de idade, a autorización da persoa que teña a súa representación legal. Os premios consistirán en bonos de compra para gastar a través da plataforma www.deanshop.es e repartiranse un total de 600 €.

Os gañadores serán elixidos por un xurado. As bases están na web municipal. s. s.

18 feb 2022 / 16:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.