Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Convocan os certames pobrenses de Nadal sobre relato curto e debuxo

Prevense oito premios consistentes en vales de 30 € para gastar en establecementos locais

A Pobra. A asociación Arrancadeira e o Concello da Pobra convocan o concurso de relato curto e debuxo A nosa pegada no Nadal. Para o certame literario establécense as seguintes categorías de participación: de 7 a 9 anos; de 10 a 12; de 13 a 15; e a partir de 16. Para o debuxo prevense catro: de 3 a 6 anos; de 7 a 10; de 11 a 15; e a partir de 16.

As persoas interesadas dispoñen ata o día 3 de xaneiro para se anotaren, mediante o teléfono de contacto 636 811 689 ou o enderezo electrónico arrancadeirapobra@hotmail.com. Concederanse un total de oito distincións (unha por categoría). Cada persoa gañadora recibirá dous vales de 30 euros para gastar en establecementos locais.

A valoración dos relatos será feita integramente polo xurado, mentres que a dos debuxos contará tamén cun 50 % dos gústame que recibiran no perfil do Facebook de Arrancadeira Pobra. Os relatos deberán estar escritos en galego e ter como temática o Nadal, cunha extensión máxima de 1500 palabras, e entregaranse en formato PDF por enderezo electrónico.

En canto ós debuxos, tamén terán como fío condutor estas datas e poderán estar feitos seguindo as técnicas que o autor ou autora consideren. Será preciso remitilos por correo electrónico, tras escanealos ou sacarlles unha foto na cal se aprecie a ilustración con claridade.

Finalmente, sinalar que os nomes das persoas galardoadas faranse públicos o vindeiro día sete de xaneiro. s. s.

29 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.