Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 07 diciembre 2022
23:52
h

Critican que as terrazas cortan o paso e tapan as vistas á Torre Bermúdez

A POBRA. Catro colectivos (A nova terra, Illa de Tambo, Umia vivo e A Forneiriña) denunciaron ante a Consellería de Cultura “a situación de vulnerabilidade” da Torre Bermúdez da Pobra, sede do Museo Valle-Inclán, do século XVI, e BIC. “Denunciamos que o Concello consinta a instalación dunha terraza a todas luces ilegal pola súa localización impropia, así como pola abusiva densidade de mobiliario e usos consentidos”, sinalan. Engaden que as mesas, sillas e sombrillas cortan o paso e obstaculizan a vista do monumento, e que se usan os seus muros como asentos ou mesas. O alcalde, Lois Piñeiro, dixo que as terrazas “son un uso compatible” nese lugar, “que se pode contemplar o inmoble sen problema” e que, se ben pode plantexar un problema puntual de accesibilidade polo que houbo queixas, a administración local estará atenta a esa situación. S. S.

17 feb 2022 / 17:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.