Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Curso adicado aos primeiros auxilios infantís en O Son o día 14

Porto do Son. O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns –dependente da Consellería de Sanidade– organiza un curso de Primeiros Auxilios na Infancia, que vai ter lugar o luns 14 de marzo na casa da cultura sonense, de 16.30 a 20.30 h.

Esta acción formativa, de carácter gratuíto, está dirixida a persoal sanitario e educativo, monitores/as, pais, nais e cidadanía en xeral.

Na sesión, que correrá a cargo de Carlos Prados Sande, DUE asistencial do 061, os asistentes recibirán coñecementos específicos sobre múltiples problemas que se producen nas idades temperás.

Segundo indicaron dende o Concello, as persoas interesadas en participar deben enviar a correspondente folla de inscrición ao enderezo electrónico jose.pazo@portodoson.gal. O prazo remata este venres. As prazas, limitadas, asignaranse por orde de inscrición. m. c.

24 feb 2022 / 20:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.